luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

 Un ano máis conmemoramos o Día da Paz cunha carreira no campo de fútbol do  U.D Cerqueda que amablemente nos cede para a causa. Aproveitamos a súas gradas para interpretar a canción que a mestra especialista en música, Sheila Puñal, preparou cos diferentes niveis do noso centro. Agardamos que vos guste o resultado. 




martes, 24 de xaneiro de 2023

OBRADOIRO MINDFULLNESS

 Hoxe recibimos a visita de Anxo Fariña, escritor e debuxante, para traballar en técnicas de relaxación dende unha perspectiva artística. Unha das actividades que más chamou a atención do alumnado foi a pintura luminiscente na oscuridade. Deixámosvos unha mostra fotográfica da nosa xornada. 



Premer aquí para ver máis imaxes

mércores, 21 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Marcelino, como cada Nadal, quere achegarvos unha selección de libros para que  nestas festas navideñas poidades seguir gozando de momentos de lectura.  Ademáis aproveita a ocasión para desexarvos unas felices festas.


sábado, 3 de decembro de 2022

BAIXO O MESMO PARAUGAS

 O día 3 de decembro conmémorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxeto de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. 

Na nosa biblioteca escolar fixemos unha selección de contos que afondan en valores como a solidaridade, a empatía, o respeto, a tolerancia...




Tamén compartimos o documental dun skater galego que quedou cego para  sensibilizarnos coa realidade das persoas con alguna discapacidade no día a día.

luns, 28 de novembro de 2022

NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA

Neste primeiro trimestre fomos adquirindo libros para a nosa biblioteca como podedes apreciar na seguinte imaxe correspondente a 1º exposición: banda deseñada, narrativa, de ensino. Continuaremos compartindo as novas incorporacións.




venres, 25 de novembro de 2022

AS REDEIRAS NA NOSA ESCOLA

No día de hoxe recibimos a visita da asociación de redeiras de Malpica para afondar nunha das profesións de maior importancia na economía da nosa contorna. A través dunha exposición na biblioteca do centro explicáronnos as diferenzas fundamentais entre aparellos e artes de pesca para posteriormente levar a cabo un obradoiro no que os nenos e nenas xogaron a ser redeiras e redeiros por un día. 

Con esta visita puxemos o acento no papel da muller no ámbito no laboral da nosa contorna e por outra banda achegámonos a unha das profesións que constituén o tecido económico da noso concello, a súa vez, estreitamente relacionado ca temática da nosa PDI "Oficios da contorna".




Premer aquí para ver as imaxes.

xoves, 24 de novembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Neste día tan relevante unímonos a defensa dos dereitos das mulleres e queremos apoiar activamente os movementos feministas na súa defensa coa intención de conseguir un mundo libre de violencia de xénero.



Coñecedores do uso masivo que fan as mocidades das redes sociais parece importante sinalar que tamén temos que prestar atención a ciberviolencia de xénero. Ollade o seguinte vídeo da camapaña DE FRONTE á violencia de xénero promovida pola Deputación da Coruña. 





A continuación invitámosvos a que descubrades máis información sobre este tipo de violencia nas redes a través do seguinte xogo.

xoves, 27 de outubro de 2022

SAMAÍN NA NOSA ESCOLA

A celebración do SAMAÍN aconteceu despois do recreo e organizouse en obradoiros de baile, maquillaxe e tattoos, teatro e túnel do terror, elaboración de receitas, creación de conxuros e caixas sensoriais. Os sete grupos formados con nenos e nenas de diferentes niveis foron rotando polos devanditos obradoiros. Foi un día arrepíante!!




Premer aquí para ver máis imaxes


martes, 25 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas

Neste día 25 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas  reunindo a todo o alumnado na biblioteca do centro para realizar diferentes dinámicas. Presentamos o lema deste ano  "BiblioTEcuida" coa axuda dos voluntari@s que nos falaron da importancia destes espazos nas escolas, institutos e outras institucións. 

En segundo lugar introduxemos a temática da nosa PDI deste curso, "Os oficios da contorna", para o que levamos a cabo un xogo con emoticonos no que todos e todas se mostraron interesados en participar. Tamén recibiron unha carta de Marcelino na que lles explicaba a cada grupo sobre que terían que investigar. 

Por último, fixemos entrega das mochilas viaxeiras para que comecen a súa viaxe polos fogares dos nenos e nenas da nosa escola e poidan as familias poidan gozar de momentos compartidos en torno a lectura.



Premer aquí para ver as imaxes.

martes, 18 de outubro de 2022

CANCIONEIRO DE BUÑO

 No día de hoxe visitamos a Real Academia Galega na Coruña para a presentación do "Cancioneiro de Buño" de Dolores Cancela Pérez. Alí fomos recibidos por membros da Academia e fixemos varias dinámicas para coñecer algún dos versos deste marabilloso libro. 





Premer aquí para ver máis imaxes