Neste día tan relevante quixemos facer unha labor divulgativa entre ó alumnado para afondar na orixe deste día de reivindicación. A responsabilidade para seguir avanzando recae sobre cada un de nós.
O BLOGUE DE MARCELINO
As bibliotecas son portas a outras vidas. Zadie Smith
mércores, 8 de marzo de 2023
venres, 24 de febreiro de 2023
DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o 23 de febreiro do 2023, o Día de Rosalía De Castro, propuxemos a realización dunha actividade na que coñecer en profundidade a súa vida e obra e convertermos en mensaxeiros da súa obra. Para iso completamos o reto de repartir pola vila de Buño fragmentos das prosas da escritora galega.
venres, 3 de febreiro de 2023
NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA
Neste segundo trimestre fixemos algunhas incorporacións ó noso catálogo. Ollade os títulos e vistádenos para gozar da lectura destas novidades.
luns, 30 de xaneiro de 2023
DÍA DA PAZ
Un ano máis conmemoramos o Día da Paz cunha carreira no campo de fútbol do U.D Cerqueda que amablemente nos cede para a causa. Aproveitamos a súas gradas para interpretar a canción que a mestra especialista en música, Sheila Puñal, preparou cos diferentes niveis do noso centro.
Outra das iniciativas consistiu na plantación de semillas solidarias con mensaxes pacíficos elaborados polo alumnado dos diferentes niveis.
Agardamos que vos guste o resultado.
Premer aquí para ver máis imaxes.
martes, 24 de xaneiro de 2023
OBRADOIRO MINDFULLNESS
Hoxe recibimos a visita de Anxo Fariña, escritor e debuxante, para traballar en técnicas de relaxación dende unha perspectiva artística. Unha das actividades que más chamou a atención do alumnado foi a pintura luminiscente na oscuridade. Deixámosvos unha mostra fotográfica da nosa xornada.
mércores, 21 de decembro de 2022
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Marcelino, como cada Nadal, quere achegarvos unha selección de libros para que nestas festas navideñas poidades seguir gozando de momentos de lectura. Ademáis aproveita a ocasión para desexarvos unas felices festas.
sábado, 3 de decembro de 2022
BAIXO O MESMO PARAUGAS
O día 3 de decembro conmémorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxeto de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
Na nosa biblioteca escolar fixemos unha selección de contos que afondan en valores como a solidaridade, a empatía, o respeto, a tolerancia...
Tamén compartimos o documental dun skater galego que quedou cego para sensibilizarnos coa realidade das persoas con alguna discapacidade no día a día.
luns, 28 de novembro de 2022
NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA
venres, 25 de novembro de 2022
AS REDEIRAS NA NOSA ESCOLA
No día de hoxe recibimos a visita da asociación de redeiras de Malpica para afondar nunha das profesións de maior importancia na economía da nosa contorna. A través dunha exposición na biblioteca do centro explicáronnos as diferenzas fundamentais entre aparellos e artes de pesca para posteriormente levar a cabo un obradoiro no que os nenos e nenas xogaron a ser redeiras e redeiros por un día.
Con esta visita puxemos o acento no papel da muller no ámbito no laboral da nosa contorna e por outra banda achegámonos a unha das profesións que constituén o tecido económico da noso concello, a súa vez, estreitamente relacionado ca temática da nosa PDI "Oficios da contorna".
xoves, 24 de novembro de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Neste día tan relevante unímonos a defensa dos dereitos das mulleres e queremos apoiar activamente os movementos feministas na súa defensa coa intención de conseguir un mundo libre de violencia de xénero.
Coñecedores do uso masivo que fan as mocidades das redes sociais parece importante sinalar que tamén temos que prestar atención a ciberviolencia de xénero. Ollade o seguinte vídeo da camapaña DE FRONTE á violencia de xénero promovida pola Deputación da Coruña.