mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Neste día tan relevante quixemos facer unha labor divulgativa entre ó alumnado para afondar na orixe deste día de reivindicación. A responsabilidade para seguir avanzando recae sobre cada un de nós. 




venres, 24 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o 23 de febreiro do 2023, o Día de Rosalía De Castro, propuxemos a realización dunha actividade na que coñecer en profundidade a súa vida e obra e convertermos en mensaxeiros da súa  obra. Para iso completamos o reto de repartir pola vila de Buño fragmentos das prosas da escritora galega. 



venres, 3 de febreiro de 2023

NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA

 Neste segundo trimestre fixemos algunhas incorporacións ó noso catálogo. Ollade os títulos e vistádenos para gozar da lectura destas novidades.




luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

 Un ano máis conmemoramos o Día da Paz cunha carreira no campo de fútbol do  U.D Cerqueda que amablemente nos cede para a causa. Aproveitamos a súas gradas para interpretar a canción que a mestra especialista en música, Sheila Puñal, preparou cos diferentes niveis do noso centro. 

Outra das iniciativas consistiu na plantación de semillas solidarias con mensaxes pacíficos elaborados polo alumnado dos diferentes niveis. 

Agardamos que vos guste o resultado. 


Premer aquí para ver máis imaxes.





martes, 24 de xaneiro de 2023

OBRADOIRO MINDFULLNESS

 Hoxe recibimos a visita de Anxo Fariña, escritor e debuxante, para traballar en técnicas de relaxación dende unha perspectiva artística. Unha das actividades que más chamou a atención do alumnado foi a pintura luminiscente na oscuridade. Deixámosvos unha mostra fotográfica da nosa xornada. 



Premer aquí para ver máis imaxes